REHEAL


Reverse Healthcare Supply Chains for Circular Economy

O proxecto REHEAL de 4 anos de duración está destinado a facilitar a adquisición sostible, o reacondicionamento, a reciclaxe e a recuperación de recursos nos sistemas sanitarios, mediante ferramentas dixitais e o despregamento dunha estratexia de contratación pública de innovación. REHEAL enmárcase no Programa Horizon Europe PCP e atopase financiado pola Unión Europea na súa totalidade. Este proxecto está liderado pola Universidade de Edimburgo (Reino Unido) como socio coordinador e conta coa participación como socios de 7 entidades europeas pertencentes a diferentes ámbitos para o seu desenvolvemento.

Socios:​
  • ​Data-Driven Innovation, the University of Edinburgh (Reino Unido) -socio principal
  • NHS National Services Scotland (Reino Unido)
  • Scottish Government (Reino Unido)
  • Servizo Galego de Saude (SERGAS)
  • Axencia Galega para a Xestion do Conecemento en Saude (ACIS)
  • Region Hovedstaden (Dinamarca)
  • Fundacja Klaster Lifescience Krakow (Polonia)
  • Mitera Idiotiki Geniki, Maieytiki, Gynaikologiki Kai Paidiatriki Kliniki Anonymi Etaireia - MITERA (Grecia)
  • EIT Digital (Bélxica)

REHEAL reúne hospitais, provedores, investigadores e responsables políticos para deseñar e probar solucións innovadoras que fagan que as cadeas de subministración sanitarias sexan máis circulares, resilientes e climáticamente neutras a través da modalidade de Compra Pública Precomercial. Os Grupos de Compradores Locais (GLC) son a pedra angular do proceso de innovación de REHEAL. Hai cinco GLC, situados en Escocia, Galicia (España), Dinamarca, Grecia e Polonia, que xuntos representan a máis de 260 hospitais, 300.000 profesionais sanitarios e 17 millóns de cidadáns. Cada GLC funciona como un centro de innovación rexional, reunindo xestores de compras sanitarias, actores da cadea de subministración e partes interesadas locais para codeseñar, probar e perfeccionar solucións prácticas de compra circular.

O proxecto pretende facilitar a adquisición sostible, o reacondicionamento, a reciclaxe e a recuperación de recursos nos sistemas sanitarios ao mesmo tempo que introducir a perspectiva de xénero e fomentar novas oportunidades de mercado para novas empresas e PEMES que adopten modelos orientados á economía circular. Para acadar este obxectivo empregará unha estratexia de Compra Pública de innovación xunto con metodoloxías CivTech, para codiseñar e pilotar solucións innovadoras de cadea de subministro inversa con 20 provedores, así como un proceso de testeo baseado en Living labs.

Orzamento total: 7.358.767 EUR
Páxina web: www.rehealhorizon.eu 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.