A Axencia

Que é

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.

Nova visión para afrontar os retos do coñecemento. A ferramenta máis valiosa dos profesionais sanitarios para o coidado da saúde é o coñecemento. A experiencia, a formación, a investigación, a innovación e as novas tecnoloxías garanten a mellora continuada da práctica sanitaria e é necesaria unha xestión integrada de todas elas para lograr a máxima obtención de valor cara ao paciente.

Por unha banda, a asimilación e aplicación de novas técnicas, terapias e tratamentos é imprescindible para ofrecer unha atención sanitaria da máxima calidade. Por outra, o avance do coñecemento que fai posible estas novas ferramentas é cada vez máis rápido, polo que é imprescindible ter os recursos necesarios para xestionalo de maneira autónoma, áxil e eficiente, orientada a resultados e cunha visión capaz de combinar as necesidades inmediatas coa planificación a medio e longo prazo.

A nosa misión. ACIS é o instrumento ao servizo do Sistema Público de Saúde de Galicia para que o coñecemento circule de forma óptima desde a súa orixe ata a súa transferencia á sociedade. Para logralo, integra nunha mesma cadea de valor:
  • A formación dos profesionais sanitarios.
  • A investigación en saúde.
  • A innovación baixo un enfoque aberto para que os resultados cheguen do laboratorio á cama do paciente e tamén ao mercado, con retornos económicos que reverterán na sanidade pública.
  • A avaliación de tecnoloxías para garantir a aplicación das máis novas baixo criterios de máxima seguridade.

MARCO NORMATIVO
ACIS foi creada co nome oficial de Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde en virtude do Decreto 112/2015, do 31 de xullo.
A súa creación levouse a cabo en conformidade coa autorización prevista no artigo 40 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

ACIS en 2,5 minutos
Qué es ACIS  
​​​

Competencias

As competencias de ACIS cobren as diferentes etapas da cadea de valor do coñecemento.​

Micro cadena de valor ACIS 

A xestión integrada destas etapas, baseada na colaboración, a participación e a visión innovadora, favorece a circulación do coñecemento desde a primeira ata a última e entre todas elas:
  • A xeración de coñecemento nos centros sanitarios, coordinando e planificando a investigación.
  • A difusión do coñecemento que atesouran os nosos profesionais, a través da formación innovadora.
  • A análise e síntese do coñecemento en tecnoloxías sanitarias, mediante a súa avaliación rigorosa.
  • A transferencia do coñecemento dentro do ecosistema de saúde e cara á sociedade, a través da innovación.

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.