LABSAÚDE

 
labsaude.png
A innovación aberta é un compoñente fundamental do Sistema Europeo de innovación, onde todas as partes interesadas deben de participar e crear unha interacción fluída e combinar as ideas dos sistemas de innovación. Baséase no modelo de Cuádrupla Hélice onde as administracións públicas, a industria, a academia e a sociedade traballan xuntos para  co-crear o futuro e impulsar cambios estruturais máis aló do alcance do que calquera organización ou persoa podería facer só.
 
A participación dos usuarios no proceso de innovación favorece o desenvolvemento de bens e servizos máis acorde ás súas necesidades. Os Living Lab constitúen unha aproximación á innovación aberta impulsada polos usuarios, creando unha contorna para a co-creación e experimentación coa activa participación dos usuarios desde etapas temperás do ciclo de innovación.
 
Con este obxectivo, o Servizo Galego de Saúde pon en marcha a Rede de Living  Labs de Saúde de Galicia (LABSAÚDE), comezando a súa andaina a través do Living Lab de Ourense.  LABSAÚDE xorde como mecanismo facilitador para a creación e posta en marcha de proxectos innovadores nunha contorna no que interactúan múltiples axentes, para dar resposta a necesidades reais detectadas en Sistema de Saúde de Galicia.
 
Presentación_Gal.png

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.