Plataforma SHARE

SHARE, a plataforma de formación do século XXI

SHARE é a plataforma tecnolóxica integral de aprendizaxe electrónica que revolucionou a xestión do coñecemento e a formación continuada dos máis de 45.000 profesionais do Servizo Galego de Saúde. Adquirida mediante un procedemento de compra pública de tecnoloxía innovadora (CPTI), SHARE ofrece un contorno formativo áxil, escalable e totalmente personalizado.

Innovación e personalización ao servizo do profesional
A plataforma utiliza tecnoloxía de última xeración, incluíndo un sistema de recomendación inspirado en modelos de transmisión en fluxo (streaming) como Netflix ou Spotify. Isto tradúcese nun panel individualizado que ofrece carruseis de contidos adaptados a cada categoría profesional, posto ou centro de traballo, con seccións como «seguir aprendendo», «populares» ou «recomendados para ti».
Os contidos están dispoñibles os 365 días do ano, as 24 horas do día, desde calquera dispositivo e tanto dentro como fóra da rede do SERGAS, o que facilita unha aprendizaxe flexible e a conciliación.
​Impulso ao coñecemento experto
​SHARE promove o intercambio de coñecemento experto mediante as chamadas Playlists, coleccións temáticas que agrupan artigos, pódcasts, ligazóns ou vídeos curtos sobre unha materia concreta. Os profesionais pódense subscribir para seguir e aproveitar estes contidos, favorecendo unha actualización continua e colaborativa.​


Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.