O Servizo Galego de Saúde participa como entidade compradora na Consulta Preliminar ao Mercado (CPM) do proxecto europeo REHEAL, unha iniciativa financiada pola Unión Europea co obxetivo de aportar unha solución innovadora no ámbito da saúde que reforce o seu principio verde e sostible.
A CPM é un proceso estructurado de diálogo aberto co mercado que permite ás entidades compradoras:
- Coñecer o estado do arte das solucións existentes ou en desarrollo.
- Contrastar necesidades non cubertas.
- Recoller aportacións técnicas e estratéxicas de empresas, centros tecnolóxicos e outros axentes innovadores.
A participación en CPM non supón unha licitación, pero sí un paso clave para definir futuras estratexias de compra pública innovadora.
Información relevante da Consulta Preliminar ao Mercado (CPM) de REHEAL
- FORMULARIO DE DÚBIDAS E COMENTARIOS SOBRE O DESAFÍO/RETO DA CPM DE REHEAL: Habilítanse os formularios de participación para dúbidas e comentarios en relación co reto plantexado. Máis información: https://www.rehealhorizon.eu/helpdesk
- WEBINAR INFORMATIVO DO INICIO DA CPM A NIVEL EUROPEO (11 de febreiro as 14:00) - Os coordinadores do proxecto REHEAL (Escocia) organizan un webinar informativo no que se explican as bases da CPM e procedemento de participación. Idioma: inglés.
- ACTO DE PRESENTACIÓN DA CPM ORGANIZADO POLO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E A ACIS (18 de febreiro no salón de actos da Consellería de Sanidade) con vontade de ser celebrado en formato streaming, co obxectivo de fomentar a participación de empresas e axentes innovadores. Durante esa mesma semana, os outros compradores do proxecto levarán a cabo os seus propios eventos locais da CPM en Polonia, Grecia, Dinamarca e Reino Unido (Escocia).
- DOCUMENTO OFICIAL DE TERMOS DA CPM DE REHEAL COA FORMULACIÓN REDEFINIDA DO DESAFÍO REHEAL co que se explica o enfoque proposto para unha posible futura Contratación Pública Precomercial (PCP) no marco de Horizonte Europa. Inclúe:
- Un resumo do Desafío e dos seus compoñentes a nivel de sistema
- Un esquema da estrutura proposta da PCP en vía rápida
- O calendario e o proceso da Consulta Aberta ao Mercado
- O modelo da enquisa de Solicitude de Información (RFI)
- A Definición do Desafío incluída neste documento emítese con fins de consulta e poderá ser revisada tras a análise das achegas do mercado.
- Este documento debe lerse antes de completar a Solicitude de Información (RFI en inglés) en liña.
- Descarga os termos da Consulta Preliminar ao Mercado aquí
- PARTICIPA NA CPM ENVÍANDO A TÚA PROPOSTA A TRAVÉS DO FORMULARIO DE SOLICITUDE DE INFORMACIÓN (RFI en inglés). Como parte da Consulta Aberta ao Mercado, REHEAL convida ás organizacións a presentar as súas achegas a través da Solicitude de Información (RFI) en liña. A RFI recompila comentarios estruturados sobre:
- Capacidade do mercado
- Madurez técnica (TRL)
- Viabilidade regulatoria e consideracións sobre normas e estándares
- Enfoques de interoperabilidade dos datos
- Prazos indicativos de desenvolvemento e consideracións sobre custos
- Comentarios sobre a estrutura proposta da PCP
- A participación é voluntaria e non vinculante. Todas as respostas serán analizadas de maneira anonimizada e agregada, e servirán para informar a seguinte fase do proxecto.
- Recoméndase encarecidamente aos provedores revisar o Documento de termos da CPM antes de completar a RFI. Este documento inclúe unha versión en PDF da enquisa completa, o que permite ás organizacións revisar todas as preguntas con antelación e preparar as súas respostas antes do envío en liña.
- Envía a túa proposta a través da enquisa RFI (DATA LÍMITE 23 DE MARZO)
Base de axentes/empresas do ecosistema galego de innovación interesadas na CPM de REHEAL
Se queres estar ao día das novidades relativas á CPM de REHEAL o Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde poñen a disposición o seguinte formulario:
Rexístrate aquí!
Por que participar na CPM?
- Coñecer mellor o Desafío REHEAL e as próximas oportunidades.
- Compartir a súa perspectiva sobre os retos e as necesidades de innovación.
- Axudar a dar forma aos futuros requisitos da CPP xunto con organizacións sanitarias europeas.