Información relevante da nova fase da CPM de REHEAL
1. Documento actualizado do reto REHEALO consorcio REHEAL pon á disposición dos axentes interesados a documentación actualizada da Consulta Preliminar ao Mercado, na que se presenta a nova definición do reto e dos seus compoñentes.
Recoméndase revisar esta documentación antes de completar o formulario de participación, co fin de coñecer os cambios introducidos e os aspectos sobre os que se solicita a opinión do mercado.
Consulta o documento actualizado da CPM de REHEAL – 🔗 Ligazón
2. Formulario de consulta ao mercado
REHEAL convida a empresas, centros tecnolóxicos, entidades de investigación e outros axentes innovadores a compartir a súa valoración sobre a definición actualizada do reto a través dun formulario en liña.
O formulario permitirá recoller información sobre a viabilidade das solucións propostas, as capacidades tecnolóxicas do mercado e outros aspectos relevantes para a preparación da futura contratación pública precomercial.
As organizacións que xa participaron nas consultas anteriores poderán centrarse nas preguntas obrigatorias e achegar información adicional nas preguntas opcionais cando dispoñan de novas consideracións ou datos actualizados.
Accede ao formulario da CPM – 🔗
Ligazón
Prazo límite de participación: 16 de novembro de 2026
3. Xornada informativa da CPM organizada polo SERGAS e ACIS
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) organizaron, co apoio técnico de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, SA, unha nova xornada informativa en Galicia para dar a coñecer a actualización do reto REHEAL e promover a participación do ecosistema galego de innovación nesta nova fase de consultas.
A xornada permitiu presentar os cambios introducidos no reto, resolver dúbidas e informar sobre as oportunidades de participación e colaboración no marco do proxecto.
4. Webinar informativo europeo sobre a actualización do reto REHEAL
O consorcio REHEAL organizará un webinar informativo a nivel europeo para presentar a definición actualizada do reto, explicar os seus compoñentes e facilitar a participación dos axentes interesados nesta nova fase da CPM.