- REHEAL é un proxecto europeo de Compra Pública Precomecial financiado no marco do programa Horizonte Europa cunha duración de 4 anos e un orzamento total de máis de 7,3 millóns de euros, no que participan entidades compradores de Escocia, Polonia, Dinamarca, Grecia xunto con Galicia.
- O Servizo Galego de Saúde asume o rol de comprador líder de mánoa da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, en substitución do servizo escocés de saúde, licitando a futura solución por valor de 3,5 millóns de euros en nome do consorcio que contribúan á circularidade, sustentabilidade e resiliencia das cadeas de subministración sanitarias.
Copenhague (Dinamarca), 17 de setembro de 2026.- O grupo de traballo do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) participou na Asemblea Xeral do proxecto europeo REHEAL. A reunión, celebrada os días 16 e 17 de setembro no Hospital Bispebjerg de Copenhague, reuniu aos socios do consorcio para avanzar na definición e preparación da futura Compra Pública Precomercial (CPP) europea.
O grupo galego está liderado pola director da área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria de ACIS, José María Romero e a xestora do proxecto europeo en ACIS, Carmen Orosa. En representación do Sergas, confórmano o director de Asuntos Económicos da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Juan Francisco Insua; a coordinadora da estratexia de economía circular do Sergas, Beatriz Piñeiro; e a xefa de consultoría de GALARIA EPSS, Cristina Enjamio.
REHEAL ten como obxectivo contribuír á transformación das cadeas de subministración sanitarias cara a modelos máis circulares, sostibles e resilientes mediante o desenvolvemento de solucións innovadoras e o despregamento dunha estratexia de Compra Pública Precomercial. O proxecto busca facilitar unha xestión máis eficiente e sostible dos produtos e recursos sanitarios ao longo do seu ciclo de vida, favorecendo a redución de residuos, o reacondicionamiento, a reutilización, a reciclaxe e a recuperación de recursos.
A reunión de Copenhague supón un novo paso relevante na concreción do reto que abordará a futura Compra Pública Precomercial, onde o Servizo Galego de Saúde colleu a testemuña do Servizo Escocés de Saúde converténdose no comprador líder da solución innovadora licitando o futuro prego de CPP por valor de 3,5 millóns de euros en representación dos 5 socios europeos compradores de REHEAL.
A xornada que permitiu acordar o caso de uso que finalmente sairá no futuro prego de CPP para a fase de testeo e pilotaxe, incluíu ademais unha visita a diferentes departamentos do Hospital Bispebjerg, organizada pola Rexión de Hovedstaden, para coñecer sobre o terreo os fluxos asociados a determinados produtos sanitarios, os sistemas utilizados e posibles escenarios para a futura pilotaxe das solucións desenvoltas no marco de REHEAL, con énfase en quirófanos verdes.
A participación de SERGAS e ACIS en REHEAL permite incorporar as necesidades e características do sistema sanitario público galego á definición dun reto común compartido con outros sistemas sanitarios europeos e contribuír ao desenvolvemento de solucións innovadoras que favorezan unha xestión máis circular e sostible das cadeas de subministración sanitarias.