Living Lab de Vigo


Coa aspiración de ampliar a rede de Living Labs de Saúde de Galicia, nace, no ano 2025, o Living Lab de Vigo, que parte dunha iniciativa desenvolta ao abeiro do proxecto Innov4life (cofinanciado polo Programa de cooperación INTERREG VI-A España-Portugal (POCTEP), 2021-2027 para a creación dun ecosistema transfronteirizo de innovación colaborativa en saúde digital.

Este Living Lab establécese no ano 2025 no Complexo Hospitalario de Vigo (CHUVI), concretamente, nas instalacións do Hospital Meixoeiro. En consonancia cos obxectivos do proxecto Innov4life, especialízase en demencias e deterioros cognitivos, pero sen prexuízo de que se poidan levar a el outras solucións ou produtos innovadores en materia de saúde.

O Living Lab de Vigo conta con espazos que impulsan a experimentación en contornas do mundo real dos axentes innovadores no eido da saúde, o que permite involucrar a pacientes e profesionais do sistema sanitario galego no testeo, pilotaxe, avaliación e validación de solucións tecnolóxicas de saúde situadas por riba do TRL7. Así, distínguense:

  • ​Espazos de cocreación: espazos propicios para o traballo colaborativo entre empresas e demais axentes, especialmente as persoas usuarias finais dos produtos (profesionais, pacientes, coidadores), no codeseño, coprodución, correvisión de ideas, produtos, prototipos… innovadores.
  • Espazos de testeo en contorna real das solucións, produtos ou servizos: trátase de adecuar unha contorna hospitalaria, de atención primaria ou especializada real, ou otra contorna real diversa, con persoas usuarias, para o testeo de produtos, servizos ou solucións innovadores derivados do proceso de cocreación.
  • Espazos individualizados de avaliación de resultados, xestión administrativa e de información e entrevista.
A participación de empresas e outras entidades interesadas no testeo, validación ou avaliación dos seus produtos, solucións, servizos innovadores en materia de saúde farase a través de convocatoria pública en concorrencia competitiva, para ata 15 entidades ou proxectos innovadores. 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.