FAQs

Quen pode participar?

•as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais;
•organismos de investigación como centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica ou universidades públicas.

 
Proxectos elegibles

•Iniciativas de carácter innovador xa sexa en produto/servizo, en procesos e/ou no modelo de negocio tanto no sector sanitario e biomédico como naqueles que sexan transversais ao sector saúde: alimentación, TIC, novos materiais e construción, electrónica e robótica.
•Deberán ter a capacidade de xerar resultados con aplicación na sociedade; estes resultados deberán ter potencial comercial e xerar retornos, independentemente do prazo no que estes se produzan.
•Deberán estar situados nun TRL7 ou superior (nivel de madurez da tecnoloxía).

 
Pódese presentar a solicitude presencialmente?

Non, as bases reguladoras especifica que "As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal".

 
Unha mesma entidade pode presentar varias propostas?

Si, non hai límite de proxectos. Con todo, nas bases reguladoras especifica: "Propoñerase a selección dos 15 proxectos con maior puntuación por orde decrecente, quedando, no seu caso, como suplentes aquelas solicitudes que alcanzaron unha puntuación igual ou superior á puntuación mínima indicada pero que non lograron quedar entre as 15 primeiras".

 
No caso de investigadores vinculados coa Universidade que queiran presentar un proxecto, quen realiza e asina a solicitude electrónica?

A solicitude na Sede electrónica realizaraa o investigador a título individual. Con todo, en caso de ser seleccionado, a firma do Acordo de colaboración, este será asinado polo representante legal da Universidade (equipo directivo, rectoría/vicerrectoría).

 
E nese caso, os solicitantes deberán achegar a autorización da Universidade?

Na primeira fase de envío de solicitudes non é necesario. Con todo, en caso de ser o proxecto seleccionado, a Universidade será quen asine o Acordo de colaboración.

 
Que documentación debe achegarse coa solicitude?

As entidades interesadas deberán achegar xunto co anexo I a seguinte documentación:

•Memoria técnica /plan de actuación en relación co proxecto.
 
As universidades e organismos de investigación como centros de tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica deben achegar igualmente a memoria técnica /plan de actuación?

Si, deben presentarse como anexo á solicitude.

 
Necesito ter certificado dixital para presentar a miña solicitude?

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 
Cando é necesario asinar o Acordo de colaboración?

O acordo de colaboración asinarase unha vez seleccionado o proxecto, nos dous meses posteriores á publicación da Resolución definitiva.

 
No caso de que unha mesma entidade presente varias propostas é necesario asinar un acordo de colaboración para cada proxecto seleccionado?

Si, o acordo de colaboración é específico para cada proxecto.

 
Pode participar nun proxecto máis de unha entidade? Quen presenta a solicitude?

Un proxecto pode estar conformado por máis de unha entidade. Nestes casos, as entidades que conforman o proxecto deberán designar un representante quen presentará a solicitude e a asinará en nome de todos.

Para estes casos habilítase un modelo de anexo de DECLARACIÓN RESPONSABLE DE DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTE, a fin de realizar a solicitude de participación no Living Lab.

O acordo de colaboración será asinado por tódalas entidades que conformen o proxecto.

 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.