Proxectos europeos

A Área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria persegue a promoción da innovación que se está a realizar no sistema sanitario a nivel internacional, principalmente promovendo a participación e liderado de proxectos europeos e internacionais por parte de ACIS.

A participación de proxectos europeos aporta novos coñecementos para avanzar na sustentabilidade do sistema, así como o acceso a unha rede de contactos mais ampla. A través dos proxectos europeos entrase en contacto con mais empresas innovadoras, mais centros tecnolóxicos e de I+D+i que poden dar resposta a demandas dos noso sistema e tamén permite o desenvolvemento de proxectos en colaboración con outras administracións sanitarias de ámbito europeo.

Se quere participar nunha das iniciativas europeas ou plantexar unha proposta de proxecto europeo pode contactar coa Área de Innovación, a través do correo electrónico: europrojects.acis@sergas.es ou por teléfono no 981 568 055.

Coñeza os proxectos europeos de innovación liderados e/ou nos que participa a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde agrupados por temáticas:

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.