TITTAN COVID-19

TITTAN COVID-19 Translation, Innovation & Technology Transfer in Ageing Network in the context of the COVID-19 pandemic
 
O proxecto ten como obxectivo establecer unha rede de intercambio de coñecemento con outras rexións europeas para potenciar a innovación e a transferencia de tecnoloxía no eido da saúde. O proxecto finánciase a través do Programa Interreg Europe a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
 
Trátase de compartir entre os membros boas prácticas para fomentar a innovación dende o exterior cara os sistemas sanitarios; potenciar a transferencia de tecnoloxías dende os sistemas sanitarios cara ao exterior; e involucrar á cidadanía na xestión do envellecemento e da saúde mediante o uso de hábitos, procesos e tecnoloxías innovadoras.
 
A Secretaría Conxunta de Interreg Europe anunciou en abril de 2021 a apertura dunha convocatoria extraordinaria restrinxida a proxectos xa concedidos previamente nas convocatorias anteriores de Interreg para intercambiar boas prácticas relacionadas coa crise xerada pola Covid-19.
 
O proxecto ten a duración dun ano e comenzará en outubro do 2021. No marco do proxecto prevese un primeiro diálogo cos actores máis relevantes a nivel rexional para identificar as mellores prácticas relacionadas coa Covid-19 no eido da saúde potencialmente para ser transferidas a outras rexións europeas. Durante o 2022 está previsto celebrar varias sesións de intercambio de experiencias en Escocia (Reino Unido), Saxonia (Alemaña), e no País Vasco. A conferencia final do proxecto será a cargo do coordinador do proxecto en Santiago de Compostela.
 
Socios:
  • Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Galicia (España) - coordinador
  • Fundación Vasca de Innovación e Investigación Sanitarias (BIOEF), Euskadi (España)
  • Fondazione Regionale per a Ricerca Biomedica (FRRB), Italia
  • Healthy Saxony (HS), Alemaña
  • Digital Health & Care Innovation Centre (DHI), Edimburgo (Reino Unido)
 
Orzamento total: 1.800.024,03 EUR
Páxina web do proxecto: www.interregeurope.eu/tittan

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.