POCTEP transfronteirizo, oncoloxía
Equidade Oncolóxica Transfronteiriza | Cara á creación dunha comprehensive cancer care network (CCCN)
EQUIO é un proxecto innovador de 3 anos de duración destinado a consolidar unha rede transfronteiriza integral de atención oncolóxica entre Galicia e o Norte de Portugal, aliñado co Europe`s Beating Cancer Plan. O seu obxectivo central é garantir equidade no acceso a unha atención oncolóxica de calidade, promovendo a integración de servizos asistenciais, diagnósticos e tratamentos innovadores en dúas patoloxías oncolóxicas: o cancro de pulmón e o cancro colorrectal.
Para logralo, o proxecto engloba catro actividades chave. A primeira busca mellorar protocolos clínicos e desenvolver roteiros de paciente específicas para cancro de pulmón e colorrectal. A segunda actividade promove a medicina personalizada que optimizará decisións clínicas en casos complexos, incluíndo diagnósticos moleculares avanzados. A terceira busca estruturar e gobernar a Rede Transfronteiriza Integral de Atención Oncolóxica (CCCN-T-GNP). A cuarta fortalece as capacidades profesionais mediante formación especializada continua EQUIO achega un valor significativo en termos europeos ao abordar directamente os obxectivos estratéxicos do Europe?s Beating Cancer Plan, especialmente en materia de equidade, calidade asistencial e medicina personalizada.
Socios:
- Servizo Galego de Saúde - coordinadores
- Axencia Galega de Coñecemento en Saúde
- Instituto Português de Oncologia do Porto Francisco Gentil, E.P.E.
Orzamento total: 1.958.887,23 EUR
Período: 2026 - 2028
Páxina web: