POCTEP transfronteirizo, living lab, envellecemento, política social, exoesqueleto
Estratexia conxunta para a mobilidade asistida
O proxecto transfronteirizo EXOCARE de 3 anos de duración coa participación do Sergas e ACIS céntrase no colectivo das persoas coidadoras mediante o estudo da situación eurorrexional (problemática e recursos dispoñibles), e desenvolvemento de accións formativas e de solucións asistenciais tecnolóxicas deseñadas para reducir os trastornos musculoesqueléticos derivados do esforzo físico efectuado na mobilización de pacientes. O uso destes dispositivos busca diminuír as lesións laborais, especialmente lumbares e dorsais, que representan a principal causa de baixas no sector e pretende dignificar e profesionalizar este traballo e combater a precarización e a falta de recoñecemento.
Socios:
- Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña ERLAC - coordinadores
- Universidade da Coruña
- Universidade do Minho
- Axencia Galega de Coñecemento en Saúde
- Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade - Consellería de Política Social e Igualdade
- Dirección Xeral de Mayors e Atención Sociosanitaria - Consellería de Política Social e Igualdade
- Unidade Local de Saúde de Alto Ave E.P.E
- Santa Casa dá Misericórdia de Riba de Ave
- DTx CoLAB
- Servizo Galego de Saúde
Orzamento total: 1.310.857,12 EUR
Período: 2026 - 2028
Páxina web: