HERCULES

 

Health Empowerment through Regional Collaboration by fostering innovation from the demand-side

O proxecto HERCULES é un proxecto liderado pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), dentro do programa de colaboración interrexional Interreg Europe, cunha duración de 3 anos.
 
En 2019, máis da quinta parte da poboación da Unión Europea tiña 65 anos ou máis, e as proxeccións indican que a porcentaxe de persoas de 80 ou máis anos multiplicaránse por dous. Por outra banda, a crise da Covid-19 amosounos a importancia das innovacións que sen dúbida poderán axudar ao ineludible proceso de transformación dos sistemas de saúde nun proceso máis proactivo, preventivo e personalizado.
 
O proxecto HERCULES pretende desenvolver un plan estratéxico a nivel europeo para o despregamento na contorna sanitaria de solucións que aborden esta temática, baseado nunha análise das vulnerabilidades, recursos e capacidades das rexións implicadas. Buscarase a participación de tódolos axentes da quíntuple hélice (cidadáns, autoridades rexionais, empresas, inversores e academia).
 
Socios:
  • Axencia Galega de Coñecemento en Saúde - líder do proxecto
  • Universidade de Twente (Países Baixos)
  • Fondo de Desenvolvemento Rexional de Ática (Grecia)
  • Municipio de Aarhus (Dinamarca)
  • Rexión Västerbotten (Suecia)
  • Rexión Emilia – Romaña (Italia)
  • Hospital St Jadwiga de Silesia en Trzebnica (Polonia)
 
Orzamento total: 1.609.666 EUR
Páxina web: www.interregeurope.eu/hercules

 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.