O proxecto EQUIO celebrou a II xornada de traballo, celebrada no Instituto Português de Oncologia do Porto


  • ​O proxecto conta coa participación do Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, ACIS, e o Instituto Português de Oncologia do Porto
  • Busca favorecer unha atención máis coordinada e equitativa para a cidadanía de Galicia e do Norte de Portugal
  • A iniciativa desenvolverá protocolos asistenciais compartidos, medicina personalizada e unha rede transfronteiriza de atención oncolóxica

Porto (Portugal), 7 de xullo de 2026.- O Instituto Português de Oncologia do Porto (IPO Porto) acolle este 7 de xullo a se-gunda Xornada de traballo do proxecto EQUIO – Equidade Oncolóxica Transfronteiri-za, unha iniciativa innovadora que ten como obxectivo consolidar unha rede integral de atención oncolóxica entre Galicia e o Norte de Portugal, favorecendo o acceso equitativo a unha asistencia sanitaria de calidade para a cidadanía de ambos os te-rritorios. O proxecto EQUIO está cofinanciado pola Unión Europea a través do Pro-grama Interreg VI-A España–Portugal (POCTEP) 2021-2027, instrumento que promove a cooperación entre ambos os territorios para afrontar desafíos comúns e impulsar o desenvolvemento sostible da eurorrexión, sendo os parceiros o Servizo Galego de Saúde (entidade líder), a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, e mais o IPO-Porto.

A delegación de Galicia estará liderada polo Xerente do Servizo Galego de Saúde, Luis Ángel León Mateos, quen, na súa anterior responsabilidade como oncológo mé-dico e presidente do Comité Molecular de Tumores de Galicia, seguiu de preto os avances e o traballo desenvolvido no ámbito da oncoloxía de precisión e a súa im-plantación en Galicia. Contou tamén coa participación do vicepresidente responsable da área de Saúde da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDR-N), Jorge Mendes.

O proxecto está aliñado coa estratexia europea Europe’s Beating Cancer Plan e cén-trase na mellora da atención a dous dos principais tipos de cancro pola súa inciden-cia e impacto na poboación: o cancro de pulmón e o cancro colorrectal.
A xornada de traballo reunirá a profesionais sanitarios, investigadores e equipos de xestión das entidades socias para analizar os avances acadados e coordinar as pró-ximas accións previstas no proxecto. A programación inclúe sesións de traballo es-pecíficas dos paquetes de actuación relacionados coa mellora dos protocolos asis-tenciais, a aplicación da medicina de precisión na oncoloxía.

Durante a reunión celebraranse grupos de traballo dedicados á harmonización de procedementos asistenciais entre as institucións participantes e á posta en común das metodoloxías empregadas nos comités moleculares de tumores, elementos cla-ve para avanzar cara a unha atención máis personalizada e coordinada.

A través da cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal, EQUIO contribirá aos obxectivos estratéxicos europeos en materia de equidade sanitaria, calidade asistencial e medicina personalizada. O proxecto pretende ofrecer solucións prácticas ás barreiras administrativas, clínicas e organizativas que poden dificultar o acceso dos pacientes ás terapias oncolóxicas máis innovadoras.

A experiencia desenvolvida no marco desta iniciativa aspira a converterse nun referente para futuras colaboracións transfronteirizas no ámbito da saúde, demostrando o potencial da cooperación territorial para mellorar a atención aos pacientes con cancro.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.