Closing the loop on Circular Medical Téxtiles for the transition to a Circular Economy
O proxecto CEMTex de 4 anos de duración, céntrase na identificación dos obstáculos existentes tanto nos marcos de contratación pública polo lado da demanda como nas cuestións loxísticas e de cumprimento polo lado da oferta, e proporcionará solucións e boas prácticas para axudar a construír mellores instrumentos políticos que podan favorecer a transición dos produtos téxtiles médicos dun só uso aos de usos múltiples, co fin de fomentar a economía circular e, ao mesmo tempo, mellorar a autonomía europea e crear novas oportunidades de negocio.
En colaboración co Servizo Galego de Saúde e GALARIA no labor de coordinadores da Estratexia de Economía Circular do SERGAS, participamos co resto de socios na identificación dos numerosos pescozos de botella tanto nos marcos de contratación pública polo lado da demanda como nas cuestións loxísticas e de cumprimento polo lado da oferta, e proporcionamos solucións e mellores prácticas para axudar a construír mellores instrumentos políticos que poidan favorecer tanto o uso da produción como a reutilización de téxtiles médicos circulares e impulsar as cadeas de valor rexionais e a economía circular en xeral.
Socios:
- Provincia de Güeldres (Países Baixos) - socio principal
- Rexión de Dinamarca Central (Dinamarca)
- Next Technology Tecnotessile - NTT (Italia)
- Municipio de Prato (Italia)
- Axencia de Desenvolvemento Rexional do Nordés (Romanía)
- Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (España)
- Hospital Emile Mayrisch (Luxemburgo)
- Agrupación industrial de Téxtiles Técnicos - CLUTEX (República Checa)
- Axencia de Desenvolvemento Rexional da Rexión de Lugansk (Ucraína)
Orzamento total: 1.349.760 EUR