Galicia participa na sesión inaugural en Arnhem (Países Baixos) do proxecto europeo CEMTex para a mellora na sustentabilidade e circularidade do uso dos materiais téxtiles nos sistemas de saúde

  • ​O proxecto CEMTex ten como finalidade contribuir ao desenvolvemento dun modelo de consumo de materiais textiles médicos que cumplan de xeito óptimo cos requerimentos sanitarios comunitarios, coa intención de reducir as emisións de carbono e de materiais sobrantes varios.
  • O obxectivo final será xerar un modelo económico circular para este mercado, sen perder de vista os focos de problemáticas presentes na actualidade.
  • O proxecto no que a ACIS é socio ten un orzamento de 1,7 millóns de euros e 4 anos de duración coordinado pola provincia holandesa de Gelderland.

Arnhem (Países Baixos), 15 de maio de 2025.- Durante os días 13 e 14 de maio na cidade de Arnhem (Países Baixos) tivo lugar o evento inaugural do proxecto europeo CEMTex no que participaron o director da área de Desenvolvemento e Innovación sanitaria da ACIS, José María Romero, e a coordinadora da estratexia de economía circular do SERGAS, Beatriz Piñeiro de GALARIA. 

O Servizo Galego de Saúde da man da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde forma parte do proxecto europeo Interreg Europe CEMTex. As necesidades existentes nos sistemas sanitarios, motivadas pola conflitiva situación que se está vivindo en certas rexións de Europa e pola súa división produtiva, provocou o deber nestes sistemas de achegar solucións. Unha das problemáticas centrais que se identificaron é a referente ao modelo dun único uso adoptado cos materiais téxtiles. Resulta claro que, sinaladas as necesidades polas directivas e regulamentacións da UE en materia de Residuos, era preciso elaborar un proxecto cunha proposta internacional coordinada, e ese proxecto será CEMTex. 

O socio coordinador é a Provincia de Gelderland (Holanda). Ademais, forman parte activa deste proxecto, socios de varios países europeos. Referidos nominalmente son os seguintes: Rexión Central de Dinamarca (Dinamarca), Next Technology Technotessile (Italia), Axencia de Desenvolvemento Rexional do Nordeste (Romanía), Hospital Emile Mayrisch (Luxemburgo), Clúster Technical Téxtiles (República Checa), Axencia de Desenvolvemento Rexional da Rexión de Lugansk (Ucraína). A estes socios engádese o propio SERGAS que será o único socio español, actuando a través da ACIS. 

O socio ucraíno, a Axencia de Desenvolvemento Rexional da Rexión de Lugansk, terá status de socio descubridor. Ademais, desempeñarán un rol de soporte na parte política do proxecto dúas autoridades rexionais das zonas do Municipio de Prato (Italia) e a Rexión de Hradec Kralove (República Checa).

Partindo da necesidade identificada de xerar unha mellor cooperación entre rexións, hospitais e cadeas de valor; requírese unha mellora na sustentabilidade e circularidade do modelo de uso no caso dos materiais téxtiles médicos. Procederase, nas actividades do proxecto a: identificar barreiras e xanelas de oportunidade que se presentan para o cambio de modelo; promover esta forma colaborativa de desenvolvemento das solucións e o modelo de economía innovadora, circular e ecolóxica pro. Mentres que, á vez, contribuirase a desenvolver o sentido político relativo ao gasto e aos novos modelos expostos. 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.