Galicia participa en Aarhus (Dinamarca) na sesión de intercambio de coñecemento do proxecto CEMTex para mellora na sustentabilidade e circularidade do uso dos materiais téxtiles nos sistemas de saúde


  • ​É a única rexión española participante nesta iniciativa, que busca unha actuación conxunta para lograr un maior uso dos materiais téxtiles médicos
  • A maioría das emisións dos hospitais proceden de produtos como batas, mascarillas e sabas, que contribúen aos 5,8 millóns de toneladas de residuos téxtiles que se xeran en Europa cada ano
  • O proxecto no que a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) é socio ten un orzamento de 1,7 millóns de euros e 4 anos de duración coordinado pola provincia holandesa de Gelderland.

Aarhus (Dinamarca), 13 de novembro 2025.- Unha delegación formada polo director de Asuntos Económicos da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos do Servizo Galego de Saúde, Juan Francisco Insua; a coordinadora da estratexia de economía circular do SERGAS, Beatriz Piñeiro de GALARIA; e o director da área de Desenvolvemento e Innovación sanitaria da ACIS, José María Romero, participaron no segundo dos workshops do proxecto Interreg Europeo CEMTex organizado pola Rexión Central de Dinamarca na cidade de Aarhus.

Durante o primeiro día da xornada a delegación puido coñecer a lavandería e hospital da cidade de Aarhus para ver as iniciativas de circularidade local. A lavandería, empresa pública da rexión danesa denominada midtVask, é das máis verdes de toda Europa e aspira no 2027 a ser a lavandería para textiles sanitarios máis verde do mundo implementando políticas de circularidade e sostibilidade. No día seguinte a delegación participou en dinámicas de intercambio entre os socios con actividades de mapeamento de boas prácticas e indentificación de puntos fortes e débiles neste eido por rexión socia do proxecto.

O Servizo Galego de Saúde da man da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde forma parte do proxecto europeo Interreg Europe CEMTex. Unha das problemáticas centrais que se identificaron no proxecto é a referente ao modelo dun único uso adoptado cos materiais téxtiles. Resulta claro que, sinaladas as necesidades polas directivas e regulamentacións da UE en materia de Residuos, era preciso elaborar un proxecto cunha proposta internacional coordinada. O obxectivo destas xornadas e o intercambio de boas prácticas para no último ano do proxecto desenvolver un proxecto piloto basado no coñecemento adquirido durante os tres anos anteriores.

O socio coordinador é a Provincia de Gelderland (Holanda). Ademais, forman parte activa deste proxecto, socios de varios países europeos. Referidos nominalmente son os seguintes: Rexión Central de Dinamarca (Dinamarca), Next Technology Technotessile (Italia), Axencia de Desenvolvemento Rexional do Nordeste (Romanía), Hospital Emile Mayrisch (Luxemburgo), Clúster Technical Téxtiles (República Checa), Axencia de Desenvolvemento Rexional da Rexión de Lugansk (Ucraína). A estes socios engádese o propio Servizo Galego de Saúde, que é o único socio español, actuando a través da ACIS.
Contidos relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.