O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) participan no proxecto europeo REHEAL, financiado polo programa Horizonte Europa, que ten como obxectivo impulsar solucións innovadoras para transformar a cadea de subministración sanitaria cara a un modelo máis circular, sostible e resiliente.
Tras analizar as achegas recibidas nas anteriores Consultas Preliminares ao Mercado (CPM), o consorcio do proxecto europeo REHEAL revisou e redefiniu o seu reto e os seus compoñentes, co obxectivo de simplificar o seu enfoque e avanzar cara a unha cadea de subministración sanitaria máis circular, sostible e innovadora.
Esta nova fase da CPM busca presentar o reto actualizado e recoller novas achegas do mercado que contribúan á preparación da futura licitación de Compra Pública Precomercial (CPP).
Convidamos empresas, centros tecnolóxicos, entidades de investigación e outros axentes innovadores a participar nesta nova consulta, tanto se xa participaron nas anteriores como se se incorporan por primeira vez.
Información relevante da nova fase da CPM de REHEAL
1. Documento actualizado do reto REHEAL
O consorcio REHEAL pon á disposición dos axentes interesados a documentación actualizada da Consulta Preliminar ao Mercado, na que se presenta a nova definición do reto e dos seus compoñentes.
Recoméndase revisar esta documentación antes de completar o formulario de participación, co fin de coñecer os cambios introducidos e os aspectos sobre os que se solicita a opinión do mercado.
Consulta o documento actualizado da CPM de REHEAL
🔗
Ligazón
2. Formulario de consulta ao mercado
REHEAL convida a empresas, centros tecnolóxicos, entidades de investigación e outros axentes innovadores a compartir a súa valoración sobre a definición actualizada do reto a través dun formulario en liña.
O formulario permitirá recoller información sobre a viabilidade das solucións propostas, as capacidades tecnolóxicas do mercado e outros aspectos relevantes para a preparación da futura contratación pública precomercial.
As organizacións que xa participaron nas consultas anteriores poderán centrarse nas preguntas obrigatorias e achegar información adicional nas preguntas opcionais cando dispoñan de novas consideracións ou datos actualizados.
Prazo límite de participación: 16 de novembro de 2026 ás 23:59h
3. Xornada informativa da CPM organizada polo SERGAS e ACIS
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) organizaron, co apoio técnico de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, SA, unha nova xornada informativa en Galicia para dar a coñecer a actualización do reto REHEAL e promover a participación do ecosistema galego de innovación nesta nova fase de consultas.
A xornada permitiu presentar os cambios introducidos no reto, resolver dúbidas e informar sobre as oportunidades de participación e colaboración no marco do proxecto.
4. Webinar informativo europeo sobre a actualización do reto REHEAL
O consorcio REHEAL organizou, o día 11 de novembro, un webinar informativo a nivel europeo para presentar a definición actualizada do reto, explicar os seus compoñentes e facilitar a participación dos axentes interesados nesta nova fase da CPM.