h1

O CECBE (Centro Español para los Cuidados de Salud basados en la Evidencia del Instituto Joanna Briggs é a Unidade de Investén que promove a evidencia en coidados mediante a formación, investigación, difusión de resultados e implantación da evidencia na práctica clínica.
 
ACIS (Axencia Galega para o Coñecemento en Saúde),  a través da Área de Dirección de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria está integrada no CECBE como membro do Comité de Seguimento do dito organismo.
 
Co obxecto de promocionar o desenvolvemento profesional de todos aqueles compañeros implicados no coidado dos pacientes, trasladaremos información sobre a oferta formativa do dito centro, a través da cal invitarase a participar ao personal sanitario da rede do Sergas.
 
Ditas actividades constitúen ademais, un sólido punto de partida para a presentación de candidaturas ao Programa "Centros Comprometidos con la Excelencia en Cuidados", que recoñece e acredita aqueles centros sanitarios implicados na implementación, avaliación e mantemento de guías de boas prácticas en coidados.
 
Actualmente foron seleccionados como candidatos a dita certificación dos centros de Galicia: a EOXI de Lugo, Cervo e Monforte, e a EOXI de A Coruña.
 
O noso obxectivo é que esta rede de Centros Comprometidos coa Excelencia en Coidados alcance so seu máximo desenvolvemento nos nosos centros e motive a participar a todas aquelas Unidades de Coidados da rede do Sergas que coa súa profesionalidade e dedicación constituen un dos pilares da atención sanitaria na Comunidade Autónoma.
 
 
Os contactos serán os membros do Comité Científico do CECBE en Galicia:
 
•José María Rumbo Prieto (EOXI Ferrol)
•José Antonio Esperón Güimil (EOXI Pontevedra e O Salnés)
 
Mail de contacto:  ACIS.Cuibe@sergas.es