Sistemas percutáneos de creación de fístula arteriovenosa de diálise sen cirurxía. Actualización

 A liña de traballo sobre tecnoloxías emerxentes da Red Española de Axencias de Evaluación (RedETS) incluíu unha actualización da avaliación dos sistemas para a creación de fístulas para a hemodiálise en pacientes con enfermedade renal terminal. Estos métodos menos invasivos para creación da fístula a través da vía percutánea poderían substituir á intervención cirúrxica, método actualmente empregado para a creación destas fístulas. Os estudios amosan unha evidencia limitada que non permite confirmar polo momento que estos sistemas sexan máis efectivos ou seguros que a cirurxía convencional.​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.