Publicouse
no Boletín Oficial do Estado o extracto da Resolución
da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se
aproba a convocatoria correspondente ao ano 2024 das axudas
a proxectos
«Europa Excelencia» do Plan Estatal de Investigación Científica,
Técnica e de Innovación para o período 2021-2023. O texto completo
pode consultarse en baséaa de datos nacional de subvencións co
identificador BDNS:750491
As
axudas obxecto desta convocatoria están destinadas a financiar
gastos de persoal, pequeno equipamento, materiais e outros gastos
relacionados cos obxectivos do proxecto.
A
convocatoria de proxectos «Europa Excelencia» ten como finalidade
mellorar o éxito da participación española nas convocatorias do
Consello Europeo de Investigación (ERC), nas súas modalidades
«Starting Grants», «Consolidator Grants» e «Advanced Grants»,
enmarcados no Piar 1 «Ciencia Excelente» do Programa Marco de
Investigación da Unión Europea Horizonte Europa.
Trátase
de proxectos de investigación científico-técnicos relacionados cos
obxectivos das propostas remitidas e avaliadas positivamente e
consideradas elixibles polo ERC, pero que por razóns orzamentarias
non puideron ser finalmente financiadas polo devandito organismo.
O
obxectivo da convocatoria é impulsar a internacionalización das
actividades de I+D e contribuír ao avance do coñecemento para
afrontar os desafíos que a investigación española ten no contexto
do Espazo Europeo de Investigación, fomentando a participación de
investigadores/as con traxectorias científicas prometedoras.
A
contía total máxima das axudas ascende a 2.500.000,00 €
O
prazo de presentación de solicitudes será dende o 23 de abril
ata o 9 de maio de 2024 ás 14:00 (hora peninsular española).