Reimagina la ciencia Galicia 2024


Volta “Reimagina la Ciencia Galicia” edición de 2024! Tras o éxito da edición 2023 en Santiago de Compostela, desta vez incorpóranse dúas cidades máis do territorio: Coruña e Vigo. 

Con este programa búscase achegar á aula os contidos máis relevantes sobre os ensaios clínicos a través do aprendizaxe basado en proxectos. O alumnado xerará as suas propias pezas artísticas audiovisuais falando sobre ensaios clínicos.

O programa vertebrase en 3 pasos:

  • Primero: Asiste ao espectáculo de monólogos científicos.
O grupo Big Van Ciencia ofrecerá un espectáculo fresco e divertido para achegar ao alumnado os conceptos científicos.

Onde e cando serán os espectáculos?

- En VIGO o 5 de febreiro de 2024 no Salón de Actos del Hospital Álvaro Cunqueiro (Estrada de Clara Campoamor, 341, 36312 Vigo, Pontevedra).

- En SANTIAGO DE COMPOSTELA o 6 de febreiro de 2024 no Salón de Actos de la Consellería de Sanidade (San Lázaro, s/n – 15781 Santiago de Compostela).

 - En CORUÑA o 7 de febreiro de 2024 na Sala da Fundación Barrié (Rúa Cantón Grande, 9, 15003 A Coruña).

Os espectáculos terán lugar ás 10:00h e ás 12:00h.

‍Apúntate de forma gratuita cubrindo o formulario na súa páxina web.


  • ​​Segundo: Prepara co teu alumnado vídeos científico-artísticos falando sobre ensaios clínicos.
Con esta formación poderás levar a aula un proceso pedagóxico co que ensinar ao teu alumnado conceptos do currículum educativo relacionados cos ensaios clínicos, aptitudes para a síntese e a exposición oral de ideas complexas de forma creativa e habilidades TIC para a difusión de conceptos clave a través de medios dixitais.

Consta de 3 módulos:

Utilización de ferramentas educativas dixitais, que poderás usar para as tuas clases e que teu alumnado poderá usar para preparar seus vídeos.
Contidos relevantes sobre os ensaios clínicos e cómo relacionalos col currículum educativo, para que podas avanzar temario e teu alumnado aprenda os conceptos clave a incluir nos vídeos.
- Selección de contidos e adecuación á audiencia utilizando aproximacións artístico-tecnolóxicas, para que poidas xerar uns vídeos emocionantes e educativos que sorprendan a todo o mundo.

Axudaránche a guiar ao teu alumnado na creación de vídeos científico-artísticos que traten sobre os ensaios clínicos. É totalmente asíncrona, así que a poderás facer cando mellor te veña.

Resolve todas as dudas na sesión online en directo que se levará a cabo o 21 de febreiro de 16:00h a 18:00h.


  • Terceiro: Envía os vídeos do alumnado.
Unha vez que o alumnado grabe o vídeo, este debe ser subido a YouTube, Vimeo, Drive ou calquera outra plataforma dixital. É o profesor ou profesora quen debe inscribir ao seu alumnado enviando o vídeo ou vídeos coa seguinte información:

- A través dun correo electrónico a info@bigvanciencia.com
- Co enlace de visualización do vídeo
- Co título do vídeo, o nome do profesor/a, un teléfono de contacto e o nome do centro educativo.

​Tes ata o venres 22 de marzo de 2024 para enviar os teus vídeos.


 
GALA FINAL DE REIMAGINA LA CIENCIA
 
Unha vez recibidas as propostas científico-artísticas seleccionaranse os vídeos finalistas, os cales participarán na “Gala Científica de Reimagina la Ciencia Galicia 2024”

Os vídeos seleccionados serán presentados en directo na Gala amenizada por Big Van Ciencia que terá lugar o 22 de abril de 2024 no Salón de Actos de la Consellería de Sanidade (San Lázaro, s/n – 15781 Santiago de Compostela).

Un xurado composto por membros da comunidade cultural, educativa e científica elixirá o vídeo gañador.

A Gala terá un formato mixto:
 
- Presencial, onde se invitará ao alumnado dos centros educativos finalistas. 
​- Streaming, emitido de maneira simultánea, para que cualquera centro educativo de Galicia poida disfrutar da Gala. Desta forma ofrecerse aos centros educativos de toda Galicia la posibilidade de participar no evento.
 
Inscríbete aqui

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.