h1

O día 10 de marzo tivo lugar no Salón de Convencións da Cidade da Cultura de Galicia o Evento de Innovación TRANSFORMAS, un evento organizado pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e o Servizo Galego de Saúde en colaboración coa biofarmacéutica CELGENE. Transformas pretende promover a innovación e a investigación en saúde e difundir a estratexia de innovación sanitaria de Galicia.


O evento, que contou coa participación de numerosos expertos procedentes dos sectores da administración, da innovación, da investigación sanitaria e da industria, provenientes tanto da esfera pública como da privada, pretendía dar resposta ás seguintes preguntas:

  • Como transformar a cultura do sistema público de saúde cara un modelo de innovación aberta.
  • Como valorizar o coñecemento que se xera nos hospitais.
  • Como incorporar tecnoloxías innovadoras ao sistema público de saúde a través da Compra Pública Innovadora.


Para responder a estas cuestións o evento de innovación TRANSFORMAS estruturouse en tres bloques temáticos centrados respectivamente na promoción da cultura innovadora, na valorización dos resultados de investigación obtidos e na figura da Compra Pública Innovadora (CPI).


A través de Transformas , ACIS quere concienciar os diferentes estamentos da importancia da innovación como ferramenta para garantir a sostenibilidade do noso sistema de saude .

20170310_Transformas1.jpg20170310_Transformas2.jpg