h1

O encontro foi inaugurado polo Conselleiro de Sanidade en funcións, Jesús Vázquez Almuíña, quen destacou os esforzos que se realizaron desde a Consellería para converter a Galicia nun referente en innovación sanitaria.


Na inauguración tamén participaron Alfonso Beltrán, Subdirector Xeral de Programas Internacionais de Investigación e Relacións Institucionais do Instituto de Saúde Carlos III, Sonia Martínez Arca, Xerente de ACIS-Axencia de Coñecemento en Saúde, Luís Verde Remeseiro, Xerente da área de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, Manuel Desco, Coordinador da Plataforma ITEMAS, e Lluís Blanch, Coordinador do programa "Desenvolvemento UAI" da Plataforma ITEMAS.


1.jpg 

Ademais de presentarse os fitos alcanzados pola plataforma ITEMAS, no marco da Asemblea abordáronse temáticas de interese presentadas por CDTI, IBM Watson España e PONS IP

 

Durante a xornada do xoves 6 de outubro, desenvolvéronse de forma simultánea 6 talleres de formación con temáticas centradas en: Formación Lean, Customer Experience, Design Thinking, Presentoloxía, Metodoloxía Creative Problem Solving e Seis sombreiros para pensar no futuro de ITEMAS.


2.jpg 
  

As xornadas tamén contaron cunha mesa redonda Innovación 360, moderada por Sergio Figueiras Gómez, Director da área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria e Luís León Mateos, Director da área de Planificación e Promoción dá Investigación Sanitaria, onde se presentaron experiencias de innovación no ámbito sanitario, casos de éxito, propostas para a valorización e transferencia de proxectos innovación, e as claves para acceder a distintos fondos de investimento.


3.jpg 
Nesta mesa participaron referentes no ámbito da innovación sanitaria como: José Castillo Sánchez, Director IDIS, Xandre García Caballero, Psiquiatra do Hospital de Ourense, Yolanda Falcón, Xerente de investimentos UNINVEST, Roberto Martín Orallo, IT Innovation Health Bayer, Pedro Arenas Barreiro, CEO de QUBIOtech, e José Noguera Aguilar, Xefe Servizo C. Xeneral. Aparello Dixestivo. Complexo Hospitalario Universitario de Coruña.


4.jpg 
Na xornada de tarde, tivo lugar unha mesa de Compra Pública Innovadora, moderada por Rodrigo Gómez, Director da Área de Xestión de Coñecemento e Talento de ACIS, na que participaron Susana Cerqueiro, Subdirectora Xeral de Avaliación Asistencial e Garantías do Sergas que presentou resultados de HOSPITAL 2050 e INNOVA-SAÚDE, facendo mención especial ao traballo abordado na nova historia clínica por procesos e Beatriz Pais, Subdirectora Xeral de Atención ao Cidadán e Calidade do Sergas que presentou o proxecto E-Saúde e o seu impacto na apertura do sistema a todos os cidadáns de Galicia.

 

A tarde concluíu cunha xincana sanitaria centrada na experiencia do paciente, unha actividade de desenvolvemento colectivo de procura de solucións para un reto sanitario no que participaron todos os asistentes.


5.jpg 

Na mañá do venres 7 de outubro, tivo lugar a presentación dos resultados do traballo realizado na xincana sanitaria, na que se puideron ver ideas e solucións a retos de pacientes reais.


A xornada concluíu cunha mesa moderada por Carlos Grande e Pablo Mosquera, Xestores de Innovación do Nodo Galicia da RedItemas, que contou coa presenza do investigador Alex de la Fuente que presentou NASASBiotech, a primeira spin-off participada por un servizo rexional de saúde: o SERGAS. Trátase dun proxecto de loita contra o cancro que propón unha nova alternativa innovadora contra a metástase centrada nas células tumorales circulantes. Por último Patrick Berry, CEO de Crowds in the Cloud, impartiu unha charla sobre como romper barreiras para innovar nun sistema tan complexo como o é o sanitario.


6.jpg 

Ao peche das xornadas asistiron Luís Verde, Xerente da área de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e Sonia Martínez Xerente de ACIS, que puxeron en valor a oportunidade de que Galicia forme parte dunha rede estatal de innovación e dos retos futuros para aliñarse ás necesidades reais dos pacientes.