h1

Sin títdssdffulo.png 
 
 
Na xornada participarán máis de 140 profesionais que son referentes na xestión, dinamización e transferencia do modelo de innovación dentro do ecosistema estatal de saúde. 

Ademais de presentarse os avances obtidos polos grupos de traballo da plataforma ITEMAS, no marco da Asemblea, celebraranse tamén as Xornadas Anuais da mesma.

Nelas, abordaranse temáticas de interese presentadas por CDTI, IBM Watson España e PONS Patentes e Marcas. Contarase tamén con 6 talleres de formación que se impartirán de maneira simultánea e por duplicado e unha mesa redonda Innovación 360.

Finalmente, e como novidade, este ano contarase cun día máis de encontro, celebrándose unha actividade de co-creación e co-desenvolvemento.
Achegamos o programa e un documento con explicación sobre a actividade de co-creación.​