Os estudos de monitorización (EM) son estudos prospectivos de pacientes consecutivos cuxo obxectivo é xerar evidencia para resolver as incertezas, tanto dos aspectos relacionados coa seguridade/efectividade, como cuestións organizacionais, económicas, éticas, legais ou sociais da técnica a avaliar. Neste documento descríbese o protocolo do EM dos dispositivos de asistencia ventricular (DAVI) en terapia de destino.
Recóllense os aspectos metodolóxicos, como as indicacións a estudo, tamaño da mostra, variables a estudar, períodos de seguimento ou definición de alarmas, así como os aspectos técnicos e organizacionais como o envío e recepción de datos, consentimento informado aos pacientes ou requisitos dos centros participantes.