Recomendaciones de uso adecuado de pruebas y suplementos de vitamina D en población general

Nos últimos anos, houbo un aumento no número de determinacións analíticas da vitamina D (VitD) e no número de suplementos de VitD prescritos. Esta situación foi causada pola suposición dunha asociación entre os niveis non óptimos de VitD e resultados adversos en varias condicións clínicas, diferentes das relacionadas coa deficiencia (raquitismo e osteomalacia). Esta publicación recolle unha revisión sistemática sobre o uso adecuado da vitD e unhas recomendacións por consenso dun grupo multidisciplinar de profesionais clínicos, que serían: Non é necesario determinar os niveis de vitamina D en adultos sans asintomáticos e sen factores de risco para o déficit de VitD. A suplementación con vitamina D, neste grupo de poboación (sans asintomáticos), non demostrou beneficios independientemente dos niveis de VitD. Porén, a suplementación poderíase considerar en maiores de 70 anos, residentes en institucións, sen necesidade de determinación.
Documentos relacionados

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.