Programa de desenvolvemento precomercial dos resultados da investigación sanitaria transfronteiriza (PRIS-T)

 

Obxectivos do PRIS-T:
  • Avanzar na cadea de valor
  • Reducir o tempo de chegada ao mercado dos resultados da investigación
  • Incrementar o potencial comercial dos resultados xerados polos investigadores sanitarios
​PRIS-T VALORIZACIÓN
 
Os desenvolvementos están en proceso de ser protexidos
A investigación sexa básica ou de desenvolvemento teórico para xerar modelos ou novidades dun proxecto de investigación traslacional
Teñan como obxectivo demostrar a viabilidade dunha idea da que aínda só se ten evidencia
Dotación máxima por proxecto de Valorización: 50.000 EUR
​PRIS-T TRANSFERENCIA
 
Teñan progresado máis no estado da investigación pero ainda non fóran capaces de atraer socios inversores ou comerciais
Teñan potencial de licenciar os resultados da investigación
Estean en proceso de constituir unha spin-off ou empresa de base tecnolóxica
Dotación máxima por proxecto de Transferencia: 30.000 EUR
 
 
Cómo presentar a túa solicitude?
 
As solicitudes presentaránse a través da Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica da súa área de influencia.
 
Poñemos á disposición os anexos para facilitar a tramitación coa Fundación:
O prazo de presentación dos proxectos finalizará o 18 de novembro de 2024 (envía a túa candidatura con antelación para que a Fundación poida tramitala con tempo).
 

 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.