Seleccionados os proxectos para participar no Programa de desenvolvemento precomercial dos resultados da investigación sanitaria transfronteiriza (PRIS-T)

 

  • O programa pretende aproximar as destacadas iniciativas de investigadores de Galicia e do Norte de Portugal dentro do eido sanitario, ao mercado e a fontes de financiamento que permitan desenvolver os seus proxectos.
  • O programa enmarcase no proxecto Interreg España – Portugal POCTEP TransfireSaúde


Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2024.- A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), lidera o proxecto de innovación transfronteiriza TransfireSaúde, xunto coa colaboración dunha serie de institucións da propia Comunidade Autónoma galega, do Norte de Portugal e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín.

No marco de TransfireSaúde, destaca o programa PRIS-T dotado con medio millón de euros e que pretende levar a mercado os resultados da investigación sanitaria transfronteiriza. O programa conta con dúas liñas de actuación: de apoio á Valorización (PRIST-VAL) e de impulso á Transferencia (PRIST-TRANSF). Con dotacións por proxecto de ata 50.000 euros no caso de proxectos de Valorización e de ata 30.000 euros de Transferencia.

A liña de Valorización (PRIST-VAL) pretende contribuír ao desenvolvemento de proxectos en proceso de ser protexidos, en fase precomercial, que poden ser clasificados como investigacións básicas ou de desenvolvemento teórico, susceptibles de xerar modelos ou novidades dun proxecto traslacional. A fin última destes proxectos deberá ser o amosar a viabilidade dunha idea da que non hai evidencia.

A liña de Transferencia (PRIST-TRANSF) pretende impulsar proxectos á espera de obter validación clínica dunha tecnoloxía sanitaria xa desenrolada, malia que estes proxectos poidan non dispoñer de socios inversores ou comerciais. Deberán amosar, no canto, potencial de licenciar os resultados da investigación ou estar en vías de dar paso a unha spin-off ou empresa de base tecnolóxica.

O prazo de presentación de solicitudes rematou o pasado 18 de novembro de 2024, onde se presentaron un total de 36 propostas, 28 de valorización e 8 de transferencia.

O comité de selección escolleu as 12 propostas para financiar, en base aos criterios de valoración establecidos nas bases reguladoras, quedando as restantes como suplentes resultando seleccionados os seguintes proxectos:

  • MethylPANC: Detección precoz e monitorización non invasiva de cáncer de páncreas con ADN metilado, un dos tumores máis letais e terceira causa de morte por cáncer no mundo. (Valorización 50.000 EUR)
  • PKPDrugs: Innovación galega na vangarda da dosificación personalizada de fármacos. (Valorización 50.000 EUR)
  • TREAT-OA: Proxecto destinado ao análisis de mercado e desenvolvemento biotecnolóxico de IK-001 con terapia de nova xeración para a artrose (OA). (Transferencia 30.000 EUR)
  • Tromboimaxe-19F: Avance na valorización e optimización do primeiro axente de contraste para a imaxen molecular por resonancia magnética con nanopartículas de flúor-19. (Valorización 50.000 EUR)
  • PneumoTrack: Innovación transcriptómica para a detección rápida de pneumonía bacteriana infantil, a principal causa de morte entre nenos menores de 5 anos. (Valorización 50.000 EUR)
  • NeurAlemab: Sobre o desenvolvemento de un anticorpo monoclonal contra pTau para a teragnóstica da enfermidade de Alzheimer. (Transferencia 30.000 EUR)
  • EPI-smaRT-PRO_advanced: Presenta a ferramenta Epi-smarRT-PRO, unha proba epignética avanzada de radiosensibilidad específica en pacientes con cáncer de próstata. (Valorización 50.000 EUR)
  • RESPISAL: Biomarcadores epixenéticos en saliva para a predición da gravidade de virus respiratorio sincitial (VRS) en lactantes.(Valorización 50.000 EUR)
  • GLA-UP: Chaperonas farmacolóxicas para enfermedades raras, en concreto para enfermedades lisosomales de depósito (Transferencia 30.000 EUR)
  • DIGAG: Cuxo obxetivo é o diagnóstico de diabetes mediante proteínas unidas a glicosaminoglicanos. (Transferencia 30.000 EUR)
  • OCTOPUS: Proxecto centrado na predición non invasiva do beneficio da inmunoterapia en cáncer de pulmón avanzado. (Valorización 50.000 EUR)
  • CRISPR-CAS: Proxecto destinado ao diagnóstico de diversas enfermidades infecciosas como son os virus, as bacterias resistentes aos antimicrobianos e a tuberculose. (Valorización 30.000 EUR)

Para cada un dos programas seleccionados, elaborarase un plan de desenvolvemento particular coa colaboración das tres Fundacións Públicas de Investigación Biomédica de Galicia, financiando o seu impulso coas transferencias establecidas de fondos. A execución dos proxectos terá como prazo máximo maio do 2026.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.