No BOE de data 2
de outubro
de 2026
publicouse o Extracto da Resolución
do 30
de setembro
de 2026
da Axencia estatal de Investigación
pola que se aproba convocatoria 2026
de axudas a «Proxectos de Xeración de Coñecemento» e actuacións
para a formación de persoal investigador de predoutoramento,
cuxo
texto completo pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións,
con identificador BDNS: 918664
A convocatoria
ten por obxecto financiar a realización
de proxectos de investigación
orientada e non orientada dirixidos tanto a fomentar a xeración e
o avance significativo do coñecemento científico e a investigación
de calidade contrastada como a avanzar cara a procura de solucións
aos desafíos da sociedade, impulsando para iso actuacións tanto
no ámbito nacional como no bilateral internacional.
Existen
dúas modalidades de proxectos:
-
Proxectos
de «Investigación Non Orientada», sen orientación temática
previamente definida, que
teñen como obxectivo primordial o avance do coñecemento,
independentemente do horizonte temporal e o seu ámbito de aplicación
-
Proxectos
de «Investigación Orientada», que
buscan o avance do coñecemento orientado á
resolución
de problemas concretos e vinculados ás prioridades temáticas
asociadas aos grandes desafíos da sociedade, que
se recollen no AnexoIII.
Dentro das
modalidades indicadas, os proxectos poderán ser de dous tipos,
dependendo do perfil de investigador/a principal que lidere o equipo
de investigación:
a)
Proxectos tipo A, liderados por mozos investigadores/as con contribucións
científico-técnicas relevantes e innovadoras e capacidade
de liderado.
b)
Proxectos tipo B, liderados por investigadores/as consolidados/as.
Así mesmo
,
poderanse
financiar actuacións encamiñadas á formación
de persoal investigador de predoutoramento mediante
a realización dunha tese doutoral asociada aos
proxectos de investigación
mencionados.
Entre
a finalidade e obxectivos específicos desta convocatoria atopamos:
xerar capacidades de investigación e a colaboración e
internacionalización dos equipos que traballan en organismos de investigación,
publicar os resultados da investigación en foros de alto
impacto científico e tecnolóxico, a transferencia da
tecnoloxía, a internacionalización das actividades e fomentar
esquemas de cooperación científica mais potentes.
A contía
total máxima destas axudas é de 724.000.000 euros
O
prazo de presentación das solicitudes vai desde o 3
de novembro ata o 24
de novembro de 2026 ás 14:00 horas (hora
peninsular).
No lateral dereito dispoñedes da resolución, o extracto e as fichas resumo da convocatoria.