h1

Como resultado da terceira convocatoria de Reference Sites 2019 no marco da iniciativa EIP on AHA, Galicia continúa como rexión de referencia pasando de ter tres estrelas a catro. Esta nova convocatoria realízase para a reacreditación dos Reference Sites da convocatoria anterior de 2016, e a incorporación de novas rexións ou organizacións locais.

EIP-on-AHA-Reference-Site-4.jpg

O EIP on AHA, é unha iniciativa estratéxica cuxo obxectivo é aumentar a esperanza de vida saudable en dous anos para o 2020, ademais de mellorar a competitividade europea. Na súa primeira edición en 2013, Galicia foi recoñecida coma Reference Site con 2 estrelas e recibiu unha das cinco mencións de honra dadas pola Comisión para reflectir os logros conseguidos pola nosa historia clínica electrónica tanto en resultados como en integración. En concreto, os Reference Site distinguiron aquelas rexións ou organizacións locais que destacaban por ofrecer exemplos concretos de servizos innovadores con valor engadido para os cidadáns e os sistemas de referencia nas rexións da UE.

Nesta nova convocatoria, a Comisión Europea sinala que as rexións como Galicia, acreditadas como Reference Sites demostraron a súa evolución e a existencia de estratexias integrais para avanzar en innovación para un envellecemento activo e saudable, baseado nun modelo de “cuádrupla hélice” que inclúe á industria, a sociedade, a academia e as autoridades gobernamentais a nivel rexional e local. Ademais engade que o status como Reference Site concédese a aqueles que demostraron excelencia no desenvolvemento, a adopción e escalado de prácticas innovadoras para un envellecemento activo e saudable, en liña cos obxectivos estratéxicos da cooperación do EIP on AHA e en particular coa European Scaling up Strategy for Innovation in Active and Healthy Ageing.

O premio outorgarase o próximo 25 de setembro en Aarhus, Dinamarca, no marco da EIP on AHA Conference of partners organizada conxuntamente por primeira vez co AAL Forum 2019 sobre solucións dixitais para un estilo de vida activa e saudable.