h1

ACIS foi creada co nome oficial de Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde en virtude do Decreto 112/2015, do 31 de xullo.

 

A súa creación levouse  a cabo en conformidade coa autorización prevista no artigo 40 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.​​​​​​