h1

Dentro das actividades do Programa Oportunius, GAIN ten dispoñible un servizo de revisión e análise de propostas para as convocatorias do Consello Europeo de Investigación (ERC), así como a realización de accións formativas para o persoal investigador.
 
Unha vez publicado o Programa de Traballo 2018 do ERC, o servizo de revisión de propostas e emisión de informes xa está dispoñible na nosa páxina Web, coas seguintes datas límite para a recepción dos cuestionarios:
 
Starting Grant 2018: 8 de setembro de 2017
 
Consolidator Grant 2018: 10 de novembro de 2017
 
Advanced Grant 2018: 1 de xuño de 2018
 
Ademais, informámosvos de que o 11 de setembro organizaremos un taller de preparación de propostas especialmente dirixido á convocatoria Starting Grant 2018, que abriu o 3 de agosto. Neste taller contaremos coa presenza da Punto Nacional de Contacto para ERC, Lucía del Río, coa que as persoas interesadas poderán concertar reunións bilaterais de asesoramento. O programa e o formulario de inscrición xa están dispoñibles na seguinte ligazón:Taller ERC
 
A convocatoria Starting Grant está destinada a investigadores con entre 2 e 7 anos de experiencia dende a finalización do doutoramento e cunha traxectoria profesional científica moi prometedora. Dentro deste esquema de financiamento, as subvencións poden alcanzar o 1,5M€ durante un máximo de 5 anos. A convocatoria de 2018 conta con aproximadamente 581M€ de orzamento para o financiamento de arredor de 391 proxectos.