Os sistemas portátiles de hemodiálisis domiciliaria (HDD) están deseñados para que os pacientes realicen o tratamento de diálise no seu domicilio. Son equipos compactos e lixeiros que eliminan as barreiras de mobilidade e permiten ao paciente adaptar as sesións de diálises ás súas necesidades. Aumentan a autonomía e independencia, melloran a integración familiar, social, laboral e escolar, eliminan a necesidade de realizar modificacións no domicilio e as versións máis recentes permiten a telemonitorización. Comparado con outras técnicas de diálises (peritoneal e hospitalaria), os estudos aínda que de baixa calidade mostran que a HDD presenta un perfil de seguridade e efectividade favorable.