Efectividade e seguridade da estimulación cerebral profunda no Trastorno Obsesivo Compulsivo grave e resistente

​O trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) é unha enfermidade neuropsiquiátrica que afecta gravemente a calidade de vida. En casos graves e refractarios a tratamentos farmacolóxicos explóranse opcións como a estimulación cerebral profunda (ECP). A través dunha revisión sistemática, realizada no marco dun proxecto de Living Evidence, identificáronse 12 ensaios clínicos aleatorizados cruzados (112 pacientes) que avaliaron o uso da ECP activa (ON) en comparanza coa ECP simulada (OFF). Os resultados amosaron reducións na gravidade do TOC (medida coa escala E-BOCS) na comparación ON vs OFF. Informouse dun total de 52 eventos adversos graves en 57 pacientes. A evidencia sobre outras variables, como calidade de vida ou función cognitiva, foi limitada.​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.