Denomínase broncoscopia robótica á broncoscopia que
se realiza co soporte de plataformas robóticas que poden incluír ademais un
sistema de navegación electromagnética ou doutro tipo. Estes sistemas
proporcionan visualización broncoscópica e acceso ás vías respiratorias
durante procedementos diagnósticos e terapéuticos. A broncoscopia realízase
co soporte de plataformas que incorporan os últimos avances en robótica, software,
microinstrumentación, deseño e innovación de endoscopios. Utilizan unha interface
sinxela, similar a un controlador, que os profesionais sanitarios utilizan
para levar o endoscopio flexible cara á periferia do pulmón. A plataforma
permite a articulación electromecánica robótica e o control directo do
broncoscopio flexible de forma continua e directa. Previo á realización do
procedemento, realízase unha tomografía computarizada (TC) torácica de alta
resolución para crear un mapa virtual que permite planificar a intervención.
As plataformas de BR poden acompañarse doutras tecnoloxías de imaxe, ademais
do TC, a ecografía radial
endobronquial (rEBUS) ou a fluoroscopia.