As enfermidades respiratorias crónicas fan referencia a un conxunto de enfermidades que afectan as vías aéreas e outras estruturas dos pulmóns. Dentro destas, inclúense
as enfermidades das vías respiratorias altas e das vías respiratorias baixas, que son as que son obxectivo deste informe. O informe abarcará especificamente a enfermidade pulmonar obstructiva crónica (EPOC), a asma, enfermidade da vía aérea pequena e a bronquiolitis en poboación adulta, e a fibrosis quística e a asma en nenos < de 6 anos.
O obxectivo deste informe é Avaliar a exactitude diagnóstica da IOS e a utilidade clínica en pacientes con enfermidade respiratoria crónica, enfermidade da vía aérea pequena e/ou fibrosis quística que presentan
imposibilidade para a realización da espirometría ou presentan resultados incertos nesta proba.