O cancro xinecolóxico inclúe cinco tipos de tumores, sendo o de útero o máis frecuente e que supón a quinta causa de morte por cancro en mulleres. O manexo de tumores xinecolóxicos inclúe diversas opcións terapéuticas (cirurxía, radioterapia e/o quimioradioterapia e tratamentos sistémicos hormonais/quimioterapia ou inmunoterapia). A modalidade de imaxe utilizada para as planificacións clínicas de radioterapia é a TC, pero esta non permite realizar o seguimento dos cambios dos órganos en risco durante o tratamento. Os sistemas MR-Linac tecnoloxía híbrida que combina un acelerador lineal (Linac) e un escáner de imaxe de RM que permiten a realización de radioterapia de alta precisión. A evidencia dispoñible derivada dun estudo de cohortes mostra resultados clínicos similares aos aceleradores lineais convencionais.