A multiespectrometria ecográfica por radiofrecuencia é un método de avaliación ósea que se basea exclusivamente na interacción das ondas de ultrasón co tecido óseo.
Permite a medición da densidade mineral ósea (DMO), cantidade de masa ósea por unidade de área (g/cm2) ou volume (g/cm3), e representa unha medición densitométrica comparable á absorciometría con raios X de dobre enerxía (do inglés: dual X-ray absorptiometry DXA) considerada a proba de referencia para diagnosticar a osteoporose segundo os
criterios definidos pola Organización Mundial da Saúde (OMS) en 1994.