Arteterapia: artes plásticas en el manejo del deterioro cognitivo leve

​​​Este informe analiza a utilidade da arteterapia baseada nas artes plásticas en persoas maiores con deterioro cognitivo leve. Esta intervención emprega actividades como pintar ou modelar barro con apoio profesional para estimular funcións cognitivas. Os estudos dispoñibles son escasos, de baixa calidade e con poucos participantes. Os resultados suxiren posibles melloras na memoria inmediata, na atención e na fluidez verbal, principalmente fronte a non realizar ningunha actividade de estimulación. Non se describen efectos adversos relevantes. Porén, a limitada evidencia dispoñible non permite confirmar con certeza a súa eficacia.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.