Inserción de catéter PICC mediante sistema de navegación e confirmación da punta do catéter mediante electrocardiograma intracavitario

Os catéteres centrais de inserción periférica (PICC) permiten a administración prolongada de nutricións parenterais ou medicamentos tanto en pacientes hospitalizados como os que reciben o tratamento no seu domicilio. Os PICC desenvoltos recentemente dispoñen de sistema de navegación e confirmación da punta do catéter polo que evitan a realización de probas de imaxe. Nos estudos revisados, estes sistemas non demostraron beneficios con respecto a outros sistemas de comprobación. Con todo, os PICC con sistema de confirmación poderían supoñer un menor impacto organizativo e económico para os sistemas de saúde que outros sistemas de comprobación da punta catéter, pero son necesarios máis estudos que confirmen estes datos.​​​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.