A inclusión dunha enfermidade nun Programa de cribado neonatal (PCN) débese realizar de maneira racional e eficiente, e só é recomendable realizar o cribado daquelas que cumpren uns requisitos e nas que demostran evidencia de beneficio da súa detección precoz.
Neste informe actualizamos a pedimento do Ministerio de Sanidade, a evidencia relativa o cumprimento dos requisitos de cribado, e os beneficios e riscos de incluír duas enfermidades no PCN do SNS: as acidemias metilmalónicas e a acidemia propiónica.