Avaliación das probas de detección de ADN tumoral circulante (ADNtc) ou de células tumorales circulantes (probas englobadas no termo de biosia líquida) en cancro colorrectal. En canto a súa validez pronóstica, a presenza de ADNtc tras a cirurxía asóciase cunha menor supervivencia. Para utilidade clínica, un ensaio clínico suxire que o uso de ADNtc para decidir quimioterapia (QT) en estadio II é igual de efectivo que basearse no risco clínico. En canto a detectar mutacións no xene RAS en estadio IV, os estudios amosan que a detección en ADNtc ten alta sensibilidade e especificidade, comparable á biopsia de tecido. Un estudo de custo-efectividade australiano amosou que guiar a QT adxuvante con ADNtc é máis rendible que o enfoque tradicional. No sistema español están por definir as probas específicas que se inclurián e o modelo de prestación.