Efectividade e seguridade da cirurxía ortopédica robótica para realizar artroplastias de xeonllo e cadeira

  As artroses de cadeira e xeonllo están asociadas a unha importante morbilidade debido á discapacidade que xeran. O manexo terapéutico da artrose inclúe diversas opcións de tratamento (intervencións non farmacolóxicas, tratamento farmacolóxico e procedementos cirúrxicos). O tratamento cirúrxico consiste fundamentalmente en artroscopias, osteotomía e cirurxía protésica (artroplastia). A artroplastia empregaríase cando existe un mal control sintomático e afectación articular importante e, pode realizarse mediante cirurxía convencional ou sistemas de cirurxía ortopédica robótica. O obxectivo do informe é avaliar a efectividade, seguridade, aspectos económicos e organizativos da cirurxía ortopédica robótica na artroplastia de cadeira, de xeonllo parcial e de xeonllo total.​​​​​​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.