Vacinación contra a covid-19

No Servizo Galego de Saúde somos conscientes da importancia que ten a formación e a información na loita contra as enfermidades. Por este motivo, ante a pandemia da covid-19 e os esforzos empregados para conseguir vacinas coas que poder atallar esta doenza no menor tempo posible, poñemos á disposición das persoas que traballan no Servizo Galego de Saúde e do público en xeral a seguinte información

Curso de formación continuada sobre vacinación anticovid-19 pensado para formar os profesionais do Servizo Galego de Saúde nas características das vacinas contra o novo coronavirus. Este curso impártese na modalidade de autoformación. Pica na imaxe para abrir a ficha do curso e matricularte nel

 

O Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela do Servizo Galego de Saúde foi elixido pola Organización Mundial da Saúde como centro colaborador en seguridade das vacinas ata o ano 2022. Accede a máis información a través do logotipo

 

Son fiables estas vacinas? Hai algunha mellor ca outra? Pódense vacinar as persoas que teñen cancro? Na nosa canle de YouTube temos unha serie de vídeos curtiños cos que pretendemos solucionar as dúbidas que poden ir xurdindo coa aparición das diferentes vacinas contra a covid-19. Entra nas preguntas frecuentes sobre este tema picando nesta imaxe

 

 

 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.