O impacto da Intelixencia artificial en Saúde

Resultados do Think Tank de EIT Health en España
5 marzo 2021 | Online
 

EIT Health Spain e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, debullan as principais conclusións do foro de discusión EIT Health Think Tank sobre o impacto da IA en Saúde.

No evento participan como relatores Cristina Bescós, Directora Xeral de EIT Health Spain, Julio García Comesaña, Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, e Alberto Iglesias, moderador do evento e experto en tecnoloxía e I+D.

EIT Health levou a cabo numerosas accións para profundar no impacto da Intelixencia artificial no ámbito da Saúde e preparar a todos os axentes relevantes para o devandito impacto. Entre elas, a organización dunha mesa redonda nacional dentro do ciclo 'EIT Health Roundtable Series' que se celebrou o día 5 de outubro 2020 e cuxas conclusións poden descargarse aquí:

Informe e conclusións da mesa redonda de España

O obxectivo deste evento virtual é ofrecer esta información aos axentes relevantes do sector da saúde, os datos e a IA, discutindo conxuntamente a mellor estratexia para abordar o impacto da IA no sector, os seus profesionais e os propios cidadáns.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.