Do 7 ó 8 de maio de 2018, a rexión de Baixa Silesia foi a sede do sexto obradoiro Interrexional do Proxecto TITTAN, relacionado coas tecnoloxías para o Envellecemento Saudable. O principal obxectivo do proxecto TITTAN é o intercambio de boas prácticas no ámbito da saúde, o seu análise, comparación e posible implantación polas rexións da Unión Europea que participan dentro do proxecto TITTAN, é dicir: Saxonia (Alemaña), a cidade de Almere (Holanda ), o País Vasco (España), Galicia (España), Lombardía (Italia), Baixa Silesia (Polonia) e Escocia (Reino Unido). O tema principal da 6ª edición do obradoiro organizado polo socio polaco, estivo dentro da terceira Área Temática - Cidadáns activos para un envellecemento saudable.
A reunión foi aberta polo representante da Oficina Marshall, Mr Jarosław Maroszek - Director do Departamento de Saúde, o Sr Robert Adach - Director Adxunto do Departamento de Saúde, o Sr Janusz Wróbel - Xefe de A. Falkiewicz Specialistic Hospital (participante do proxecto), o Sr Antoni Zwiefka - Coordinador do proxecto, e que convidou a científicos, médicos, fisioterapeutas e representantes de ONGs que tamén participaron na reunión e que desempeñan tarefas no campo da asistencia sanitaria e rehabilitación de persoas maiores.
No primeiro día do Obradoiro, cada unha das rexións do proxecto TITTAN presentou o seu "plan de coidados para persoas maiores" e tiveron especial interese as boas prácticas innovadoras que seleccionaron todos os socios do proxecto. O intercambio interregional de experiencias é esencial para elevar os estándares de tratamento e atención ós pacientes en toda a Unión Europea. Os socios do proxecto presentaron boas prácticas relacionadas coa tecnoloxía que apoia, axuda e facilita a vida das persoas que envellecen; así como a personalización da atención médica.
Mención especial merece a presentación de Daniel Torrecilla, da Fundación Kaertor. Acompañando a ACIS, presentou a boa práctica do Clúster Bioga: “Bio Investor Program e BioSpeed Dating”, dende o punto de vista da empresa. Estes dous programas céntranse en dispositivos médicos innovadores e no sector da saúde, produtos agroalimentarios e ambientais, produtos farmacéuticos e cosméticos, etc. Os proxectos seleccionados proceden da transferencias de tecnoloxía dende universidades, fundacións biomédicas, pequenas empresas e tamén emprendedores. A estratexia de BIOGA céntrase en investimentos especializados que non só están potencialmente interesados no proxecto, senón que tamén poden proporcionar a súa experiencia, facer suxestións e recomendacións ao plan de negocios, etc. Básicamente son fondos de capital de risco, tanto públicos como privados y centros de apoio a empresas públicas para I + D. Despóis Daniel fixo unha breve presentación sobre a Fundación Kaertor.
Os representantes da Baixa Silesia mostraron como a condición dos anciáns pode tratarse tamén dun xeito "local". A sra. Magdalena Filcek (Academia Leonardo da Vinci), participante dos talleres, presentou a boa práctica de Vinci Power Nap e o programa da sua Academia nos talleres paralelos. Esta consistía en varias clases en que as persoas maiores participan para: aprender a tocar a guitarra, piano e outros instrumentos musicais, así como exercicios manuais e coordinación psicomotora ou clases de arte que contribúen a miúdo como forma e expresión e incluso a alcanzar os seus soños. A través destas actividades, se reforza a condición psíquica do paciente, o que na práctica transfórmase nunha mellora na saúde e, polo tanto, unha redución no número de visitas ó médico. O presidente da Fundación Autumn People, a Sra. Urszula Kielar, presentou o seu produto: as pulseiras NFC para persoas maiores. O obxectivo é equipar á xente maior cunha pulseira (reloxo) para coidar a súa saúde a través dunha resposta rápida en caso de desmaio repentino do paciente, especialmente se son pacientes diabéticos, con hipertensión ou enfermidades cardíacas.



O 8 de maio de 2018, foi o segundo día do obradoiro; os hóspedes visitaron o Museo da Fábrica de Papel en Duszniki Zdrój (un lugar onde se realizan talleres de fabricación de papel) e o sanatorio Lądek Zdrój en Baixa Silesia. Os edificios históricos restaurados mantidos ao máis alto nivel fixeron unha gran impresión nos participantes da conferencia. No Resort en Lądek - Długopole S.A, o Sr Zbigniew Piotrowicz - Presidente, xunto coa Sra Aleksandra Sędziak - Membro do Consello, mostraron as habitacións onde os pacientes son sometidos a todo tipo de tratamentos e rehabilitación. Os equipos profesionais, incluíndo equipos innovadores para rehabilitación e persoal profesional, aseguran a mellora da saúde física e mental dos pacientes, o que é unha fonte de orgullo para os propietarios do sanatorio.
Durante a estancia no sanatorio histórico (o Zar Alexander I de Rusia xunto co rei Willian III de Prusia en 1813, visitaron este sanatorio para ser tratados), houbo varias conferencias. Entre outras cousas, presentáronse boas prácticas relacionadas coa transformación do proceso de envellecemento como “Radon Therapy”. Esta cuestión tamén foi abordada na Conferencia polos representantes da Clínica Médica de Masaxes da Orde hospitalario dos Irmáns de San Xoán de Deus, que destacou a importancia de balneoterapia para o bo funcionamento do organismo e as suas propiedades rexuvenecedoras.
Ó final da súa estancia en Polonia, os invitados estranxeiros continuaron as súas conversacións durante a cea no fermoso e histórico palacio de Żelazno.

