A irrupción do SARS-Cov-2 supuxo a necesidade de investigar diferentes estratexias terapéuticas. O objectivo principal de este informe é avaliar a efectividade e seguridade do plasma de donante convalecente no tratamento da COVID-19. O obxectivo secundario é avaliar as principais consideracións de implementación relacionadas con aspectos organizativos e éticos. Os resultados obtidos suxiren que, pese a que non se encontraron evidencias en contra da seguridade da tecnoloxía, o plasma convalecente non parece ser efectivo como tratamento frente á COVID-19 grave.