Rexístrate online na Conferencia Final e entrega de Premios ás mellores prácticas en Medicina Personalizada do proxecto Regions4PerMed que se celebrará en Bruxelas os días 21 e 22 de marzo

A Medicina Personalizada permite á asistencia sanitaria converterse nun sistema preventivo, personalizado e preditivo, no canto dun sistema reactivo. Mediante a xeración de novos coñecementos sobre a bioloxía das enfermidades, fomentando tecnoloxías que integren de ciencias ómicas e bioloxía molecular, permite identificar enfermidades antes de que se produzan. Grazas á Medicina Personalizada, a asistencia sanitaria pode ofrecer mellores tratamentos e diagnósticos máis sustentables aos pacientes. Considerando o envellecemento da poboación en Europa, isto é especialmente relevante, xa que a xestión da morbilidade supón un gasto para os nosos sistemas.
 
A Medicina Personalizada, ademais, significa unha vantaxe inmensa para os cidadáns, sanidade e industria que permitirá á Unión Europea seguir sendo competitiva a escala mundial. Cabe destacar que a colaboración entre os responsables políticos locais e rexionais, é un elemento crave para que a Medicina Personalizada desenvolver todo o seu potencial. De feito, as autoridades rexionais están estreitamente conectadas coas súas comunidades científicas, innovadoras e médicas, coñecen perfectamente a estrutura epidemiolóxica da súa poboación e, por tanto, poden deseñar e aplicar medidas políticas eficaces.
 
Con todo, segue sendo necesaria a cooperación entre as autoridades rexionais para coordinar e impulsar mellor a Medicina Personalizada, sendo clave informar e interactuar coas rexións e os seus responsables para promover investimentos e reformas de forma coordinada en Europa. Por iso, o consorcio Regions4PerMed apoia o compromiso das rexións da Unión Europea coa Medicina Personalizada organizando o evento final deste proxecto no Residence Palace, en Bruxelas, os vindeiros días 21 e 22 de marzo, co obxectivo de mostrar os resultados recollidos polos socios do proxecto nas cinco áreas temáticas clave. Así mesmo, durante o segundo día celebrarase unha cerimonia de entrega de premios ás mellores boas prácticas de cada área temática.
 
O evento terá formato híbrido, onde os relatores xunto cos socios do proxecto Regions4PerMed e demais convidados de diferentes rexións estarán de forma presencial e a audiencia conectarase virtualmente. O evento contará coa participación de autoridades rexionais, a Comisión Europea, asociacións sanitarias, membros do proxecto e outras partes interesadas.
 
Programa
 
Martes 21 de marzo
 
12.50 – Rexistro en liña
13.00 – Benvida do coordinador – Gianni D’Errico: Coordinador do proxecto Regions4PerMed, Fondazione Toscana Life Sciences (Italia)
13:05 – Historia do proxecto Regions4PerMed
13.10 – Benvida da Comisión Europea – Jean Luc Sanne: DG-RTD, Comisión Europea, Bruxelas (Bélxica)
13.20 – Consorcio Internacional de Medicina Personalizada – Ejner Moltzen: Presidenta de ICPerMed (Dinamarca)
13.40 – O proxecto SAPHIRe: resultados e camiño a seguir – Kathleen D’Hondt: Rexión de Flandes (Bélxica)
14.00 – Benvida Institucional do Representante Rexional de Lombardía (Italia)

14.05 – Resumo KA1 “Big data, historia clínica electrónica e gobernanza sanitaria” – Paola Bello: Fondazione Regionale per la Ricerca Biomedica, Lombardía (Italia)
14.25 – Benvida Institucional do Representante Rexional de Baixa Silesia (Polonia) – Marcin Krzyżanowski: Lower Silesia Marshal Office, Wroclaw (Polonia)
14.30 – Resumo KA2 “Tecnoloxía sanitaria e atención conectada e integrada” – Wroclaw Medical University & Lower Silesia Marshal Office (Polonia)
14.50 – Benvida Institucional do Representante Rexional de Saxonia (Alemaña) – Sebastian Gemkow: Ministro de Ciencia, Cultura e Turismo de Saxonia
14.55 – Resumo KA3 “Personalización da industria sanitaria” – Dr. Eva-Maria Stegemann: Ministerio de Ciencia, Cultura e Turismo, Saxonia (Alemaña)
15.15 – Pausa
16.00 – Benvida Institucional do Representante Rexional de Galicia (España) – Julio García Comesaña: Conselleiro de Sanidade de Galicia
16.05 – Resumo KA4 “Fluxo de innovación na atención sanitaria” – José María Romero Fidalgo: Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), Galicia (España)
16.25 – Benvida Institucional do Representante Rexional de Toscana (Italia) – Simone Bezzini: Ministro de Sanidade da Rexión de Toscana
16.30 – Resumo KA5 “Abordar os aspectos éticos, económicos, xurídicos e sociais da medicina personalizada” – Fondazione Toscana Life Sciences (Italia)
16.50 – Discurso do Consello Asesor – Prof. Elio Borgonovi: Escola de Administración, Universidade Bocconi, Milán (Italia)
17.10 – Conclusións
 
 
Mércores 22 de marzo
 
9.00 – The Big Picture Project – Prof. Jeroen van der Laak: Coordinador The Big Picture Project, Radboud University Medical Center, Nijmegen (Países Baixos)
9.30 – Entrega dos premios ás mellores prácticas de Regions4PerMed – Dr. Olga Golubnitschaja: Redactora Xefa, Revista da Asociación Europea de Medicina Preditiva, Preventiva e Personalizada e Dr. Letizia Pontoriero – Xestora de proxectos científicos, Fondazione Toscana Life Sciences (IT)
9.50 – Premio ás Mellores Prácticas da KA1 “Big data, historia clínica electrónica e gobernanza sanitaria” – Dr. Virginia Sanchini: “Das dianas moleculares á atención personalizada. Cara unha formación educativa integral a investigación clínica en oncoloxía.” – Università degli Studi di Milano (IT)
10.10 – Premio ás Mellores Prácticas da KA2 – Tecnoloxía sanitaria e atención conectada e integrada” – Dr. Jan Gaebel: “EOS – Sistema operativo para equipos médicos de emerxencia” – Centro de innovación de cirurxía asistida por ordenador, Universidade de Leipzig (DE)
10.30 – Premio ás Mellores Prácticas da KA3 “Personalización da industria sanitaria” – Dr. Stefan Franke: “Modelos de medicina personalizada - Xemelgos médicos dixitais más alá de la agregación de datos” – Centro de innovación de cirurxía asistida por ordenador, Universität Leipzig (DE)
10.50 – Pausa
11.20 – Premio ás Mellores Prácticas da KA4 “Fluxo de innovación na atención sanitaria” – Dr. Margot Jehle: “Codex4SMEs – Colaboración interregional para diagnósticos (complementarios)” – BioRegio STERN Management GmbH, Stuttgart (DE)
11.40 – Premio ás Mellores Prácticas da KA5 “Abordar os aspectos éticos, económicos, xurídicos e sociais da medicina personalizada” – Dr. Pasquale Notarangelo: “CORēHealth: Centro Operativo de Telemedicina para Afeccións Crónicas e Redes Clínicas” e Dr. Giovanni Gorgoni: CEO AreSS Puglia, Bari (IT)
12.00 – A vindeira Asociación Europea para a Medicina Personalizada – Dr. Monika Frenzel: Coordinador Internacional, Agence Nationale de Recherche (Francia)
12.20 – Conclusións
 
 
Durante o primeiro día, cada socio fará unha breve presentación das principais conclusións e boas prácticas compartidas na súa área temática. Tamén se contará coa participación (presencial e mediante vídeo) dos principais representantes institucionais de cada rexión e doutras autoridades. O segundo día celebrarase unha cerimonia de entrega de premios ás mellores boas prácticas compartidas na cal os premiados terán a oportunidade de realizar unha presentación de cada unha delas.
 
Rexistro ao evento: Se está interesado neste evento, faga click no seguinte enlace, e cubra os seus datos no formulario de rexistro que figura ao final do apartado “Final Conference”.
 
 
Regions4PerMed
 
O proxecto busca establecer un diálogo continuo entre a comunidade europea de Medicina Personalizada. Socios do proxecto:
  • Fondazione Toscana Life Sciences TLS
  • Sachsisches Staatsministerium fur Wissenschaft und Kunst SMWK
  • Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde ACIS
  • Urzad Marszalkowski Wojewodztwa Dolnoslaskiego UMWD
  • Fondazione Regionale per a Ricerca Biomedica FRRB
  • Uniwersytet Medyczny im Piastow Slaskich we Wroclawiu WMU
 
Orzamento total: 1,7 M. €
Páxina web do proxecto: www.regions4permed.eu

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.